An Alfaya eBooks

eBooks di An Alfaya di Formato Epub

EBOOK   9788411765206

Irracionais (Finalista Premio Xosé Neira Vilas de literatura xuvenil 2025). E-book. Formato EPUB An Alfaya   -  Editorial Galaxia S. A., 2025  - 

Irracionais é unha novela que convida á reflexión sobre o respecto á diversidade fronte á intransixencia de quen rexeita as distintas identidades.A obsesión do neurólogo Vicente Barbosa polo número áureo, coa complicidade da publicista Alexia Velasco e do cirurxián plástico Bruno Rodas, lévaos a tramar un plan macabro cuxa cerna agroma da discriminación sexual e de xénero.O slogan da páxina Web de Perfect Models: “A diversidade sexual non é ningunha barreira, senón unha ponte”, sérvelles de cebo para captar a mocidade vulnerable; a Nave será o espazo creado para a experimentación, e Andrea, Marcia, Maxi, Gladis e Iván, converteranse nas súas cobaias.Mais, non estarán sós, pois os actos perversos dos tres instigadores sementarán sospeitas ao seu arredor. Conseguirán ser desenmascarados?

€ 7.75
download immediato
ACQUISTA
EBOOK   9788411762533

O corazón das casas. E-book. Formato EPUB An Alfaya   -  Editorial Galaxia S. A., 2024  - 

Todas as casas teñen corazón e cada corazón agocha un segredo, sabíalo?Eli lembra a súa infancia cos seus pais, Marga e Telmo, que reformaban casas vellas, e vivían nelas mentres as reconstruían. Nunha delas, na casa da cerdeira, atopa un obxecto que a leva a descubrir a Mencía, unha misteriosa nena que se acanea nun bambán no xardín, cuxa presenza lle provoca sensacións que non é quen de entender.Os enigmáticos silencios do xardineiro Sebastián e a retranca da tendeira Candelaria provócanlle moitas preguntas e case ningunha resposta, mais a súa curiosidade é moita.Acompaña a Eli nesta emotiva viaxe por unha historia tecida cos fíos do real e do imaxinario, e descubre da súa man o talismán da amizade.

€ 7.00
download immediato
ACQUISTA