Xose M eBooks
eBooks di Xose M
A liña da vida. E-book. Formato EPUB Xosé María Álvarez Cáccamo - Noudelo E Ribón, 2026 -
Os poemas que compoñen "A liña da vida" pronuncian unha nova voz de Xosé María Álvarez Cáccamo, a expresión dunha tonalidade clara que recolle as vivencias do corpo en tempo de inverno, as da idade próxima aos arrabaldos da vellez, condición asumida desde a “austera disciplina da melancolía” pero aínda instalada na emoción do asombro e da expectativa. Ambas posicións dirixen tamén o testemuño da existencia colectiva, a desesperanza e o soño da revolta e da xustiza universal.
O que non ten prezo. E-book. Formato EPUB Xosé M. - Editorial Galaxia S. A., 2025 -
Se hai algo que nos diferencia dos animais é a capacidade de soñar, de sermos mellores. Esta historia pescuda na esencia do ser humano, dende Galicia ata a India, transitando por todos os lugares que poidamos imaxinar e empapándose de todas as vidas para entender o que realmente nos une.Porque un billete de cor púrpura pode cambiar o mundo, ou polo menos tentalo. Un mundo onde se agochan personaxes que gozan da felicidade, que cobizan o amor, o sexo e a beleza. Porque iso é a vida, o que somos e o que queremos ser.O prezo dos nosos soños.
Ou as dúas estaredes mortas. E-book. Formato EPUB Xosé Manuel Eyré Val - Editorial Galaxia S. A., 2024 -
Este libro conta noventa e sete vidas en formato de miniconto. Este libro conta dúas vidas fragmentariamente, páxina a páxina, que poden ser unha, non diría que non, e poden ser tres, se ti te decides a lelo, ou aínda máis, porque o caos é pérfido mentres ti non lle deas forma.Este libro tamén repite unhas cincuenta veces a palabra “ollo(s)”. Só ti estás en condicións de saber a razón.